AD Alcorcón 0-0 CD Lugo

José Carlos Lazo disputando o balón fronte a dous defensores do Alcorcón

O Club Deportivo Lugo disputou o pasado domingo 31 o partido correspondente á xornada 32 da segunda división do fútbol español. O encontro que lle enfrontou ao equipo alfarero terminou co mesmo resultado que ao comezo, un 0-0.

O equipo galego conformouse co empate ante un rival que lle puxo en apuros e que non soubo atopar o gol nin sequera dende os once metros. O dominio do Alcorcón foi evidente sobretodo na segunda metade, onde o conxunto lucense daba xa por bo un punto traballado lonxe do Anxo Carro, contando con dúas baixas sensibles como son as dos centrocampistas Carlos Pita e Fernando Seoane. Ambos equipos chegaban con dinámicas negativas e unha vez máis estiveron negados de cara ao gol. A próxima semana o Lugo afrontará un importante encontro na casa contra o Osasuna, actual líder da categoría e nun estado de forma inmellorable. Buscarase afastar as posicións de descenso, agora mesmo a só tres puntos, e dar unha boa imaxe ante a afección para poder romper a mala racha e celebrar a vitoria de novo.

Deja un comentario