Historia do PM Friol CD Lugo

O PM Friol CD Lugo, antiguo Peluquería Mixta Friol, en convenio co conxunto de Lugo desde a tempada 2018/19 (actual), disputa esta campaña a que é a súa decimoprimeira tempada na segunda categoría do fútbol feminino nacional.

Tamén disputou unha gran cantidade te tempadas na Primeira Galega e este ano certificaron o seu ascenso á Primeira B nacional, unha categoría nova que fará dunha Segunda un chisco máis profesional, quedando a actual Segunda como unha Segunda B.

Resultados da semana (30/31 marzo)

Os equipos lucenses máis importantes obtiveron os seguintes resultados esta semana:

AD Alcorcón 0-0 CD Lugo (Segunda División)

PM Friol CD Lugo 2-1 CD Valladares (Segunda División Feminina)

Rácing Vilalbés 0-1 CD Lugo B (Terceira División)

CD Foz 4-0 SD Agolada (Preferente)

Viveiro CF 6-0 CD Castro (Preferente)

Agrupación Estudiantil 0-2 Ribadeo FC (Preferente)

SD Sarriana 2-2 CF Noia (Preferente)

PM Friol CD Lugo 2-1 CD Valladares

AD Alcorcón 0-0 CD Lugo

José Carlos Lazo disputando o balón fronte a dous defensores do Alcorcón

O Club Deportivo Lugo disputou o pasado domingo 31 o partido correspondente á xornada 32 da segunda división do fútbol español. O encontro que lle enfrontou ao equipo alfarero terminou co mesmo resultado que ao comezo, un 0-0.

O equipo galego conformouse co empate ante un rival que lle puxo en apuros e que non soubo atopar o gol nin sequera dende os once metros. O dominio do Alcorcón foi evidente sobretodo na segunda metade, onde o conxunto lucense daba xa por bo un punto traballado lonxe do Anxo Carro, contando con dúas baixas sensibles como son as dos centrocampistas Carlos Pita e Fernando Seoane. Ambos equipos chegaban con dinámicas negativas e unha vez máis estiveron negados de cara ao gol. A próxima semana o Lugo afrontará un importante encontro na casa contra o Osasuna, actual líder da categoría e nun estado de forma inmellorable. Buscarase afastar as posicións de descenso, agora mesmo a só tres puntos, e dar unha boa imaxe ante a afección para poder romper a mala racha e celebrar a vitoria de novo.